EDUCACIÓN

Impulso á futura escola infantil municipal do Tambre

19/03/2007 Veñen de aprobarse o proxecto e a contratación das obras de construción dunha escola infantil no Polígono do Tambre. Neste centro investiranse 574.327 euros e unha vez se inicien as obras estará listo en 10 meses.

A escola infantil municipal do Polígono do Tambre contará cunhas 60 prazas para nenos de cero a tres anos e terá sala de usos múltiples, cociña, sala de reunións, área de descanso e zona verde ao seu redor. O edificio é obra dos arquitectos César Coll e Viviana Slafer.

A do Tambre será a cuarta escola infantil do Concello, co obxectivo de que en 2008 Santiago conte con cinco centros deste tipo. Ás escolas de Conxo e de Fontiñas, xa en funcionamento, engadirase en breve a de San Roque e, posteriormente, esta, integrada no polígono industrial e situada no novo parque empresarial de Boisaca. A quinta das escolas estará no Parque da Constitución e dará servizo ao Ensanche compostelán.

Compartir: