CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de centros socioculturais celebra o Día do libro infantil e xuvenil

31/03/2021 O vindeiro 2 de abril conmemórase o Día internacional do libro infantil e xuvenil e a rede de centros socioculturais do Concello de Santiago celébrao cun amplo programa de actividades que arranca hoxe pola tarde coa inauguración dunha exposición por parte do concelleiro de Centros, Javier Fernández, ás 17.00 horas no CSC das Fontiñas.

O acto de inauguración da exposición "O Castro, tamén na orixe do LIXG" contará tamén coa presenza da escritora María Canosa, que lerá o manifesto do Día internacional do libro infantil e xuvenil. Esta exposición servirá, así mesmo, para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo.

Será o pistoletazo de saída a un programa de actividades e obradoiros que se celebrarán ata o 9 de abril nos centros da Trisca, Conxo, Fontiñas, Castiñeiriño, Santa Marta e Vite. Nesta programación colabora tamén Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil.

Documentos relacionados



Compartir: