DEPORTES

O alcalde celebra que La Vuelta 2021 remate en Santiago

26/03/2021 Xosé Sánchez Bugallo asistiu esta mañá á presentación das etapas de La Vuelta 2021 que transcorrerán por Galicia, entre elas, a crono final, que arrancará en Padrón e rematará na capital galega.

O rexedor compostelán sinalou que "La Vuelta non pode ter mellor final": ao pé da catedral e e cunha contrarreloxo "que poderá dicidir o gañador" da carreira. Xosé Sánchez Bugallo cualificouno de "oportunidade marabillosa" para que se poida ver outra cara de Santiago e para transmitir que somos "un destino seguro e de confianza".

No activo estiveron presentes tamén o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda; e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, que destacaron que o evento axudará a promocionar o turismo galego e o Camiño de Santiago en todo o mundo debido ao seu impacto mediático.

A última etapa, a que rematará ao pé da Catedral, na praza do Obradoiro, terá lugar o vindeiro 5 de setembro.

Compartir: