AUDITORIO

Helmuth Rilling dirixe un concerto dedicado a Bach coa Real Filharmonía de Galicia

16/05/2005 O xoves 19 de maio ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a batuta do director Helmut Rilling, interpretará as obras de J. S. Bach Suite (Obertura) nº 3 en Re maior BWV 1068; Concerto de Brandenburgo nº 1 en Fa maior BWV 1046; Concerto de Brandenburgo nº 3 en Sol maior BWV 1048; e a Suite (Obertura) nº 4 en Re mayor BWV 1069.

Neste programa actuarán como solistas varios músicos da Real Filharmonía como a óboista Esther Viúdez, o fagot Manuel Veiga, e as trompas Xavier Ramón e Jordi Ortega, ademais do violinista Walter Forchert, e os óboístas Aldo Salvetti e Roberto Baltar.

Este concerto repetirase ao día seguinte no Teatro Rivoli de Oporto.

Helmuth Rilling, director

En 1954 Helmuth Rilling funda o Gächinger Kantorei e 11 anos despois, en 1965, crea o Bach Collegium Stuttgart como o seu acompañante orquestral habitual. Foi nesa época cando Rilling empezou a súa intensa relación coa obra de Johann Sebastian Bach unindo ao compositor e ao director de por vida. Ademais Rilling é un fervente defensor da música coral romántica así como do encargo e a interpretación da música coral contemporánea, como a encomenda, no ano 2000, de catro novas composicións a autores contemporáneos sobre o tema da "Paixón".
Rilling é un director internacional invitado con frecuencia, tanto individual como coas súas agrupacións, en toda Europa, USA e Canadá. Destaca unha especial amizade coa Israel Philharmonic desde hai 25 anos, e desde 1970 Rilling é o director artístico do Oregon Bach Festival, o festival de música máis prestixioso dos Estados Unidos.

Como froito da súa devoción a Bach, en 1981 Rilling funda a Internationale Bachakademie Stuttgart dedicada á promoción da música e da personalidade de J. S. Bach con concertos públicos, clases maxistrais para cantantes e directores, reunións, academias por todo o mundo dedicadas a certos aspectos da música de Bach, ademais dos proxectos anuais como o Stuttgart Bach.

Week e o European Music Festival Stuttgart. Ten especial importancia para Rilling o fomento dos músicos novos e en 2001 funda o Stuttgart Festival Choir e Orchestra. Esta agrupación, formada por coro e orquestra, consiste na participación de novos talentos musicais de 25 diferentes nacionalidades.

Combinando a pedagoxía e a dirección, Rilling concibiu un sistema de concertos lectura "nos que el di que imaxina as explicacións que daría o compositor á audiencia sobre certos aspectos do seu traballo mediante exemplos musicais".
Testemuña da súa inesgotábel actividade son os centos de gravacións en CD, radio e televisión.

Entre 1970 e 1984 foi o primeiro músico que gravou todas as cantatas de Bach. No ano 2000, o Ano Bach, foi o máximo responsábel do impresionante proxecto da International Bachakademie Stuttgart de gravar todos os traballos de Bach en 172 CDs, proxecto que recibiu o maior recoñecemento internacional. De entre a multitude de premios recibidos, Helmuth Rilling foi galardoado pola UNESCO co International Music Prize en 1994 e o Theodor Heuss Prize en 1995. No 2003 converteuse en Honorary Member of the American Academy of the Arts and Sciencies. Gañou o cobizado Grammy Award no 2000 pola súa gravación de Krzystof Penderecki’s Credo e foi nomeado no 2001 pola súa gravación do Deus Passus de Wolfgang Rihm.

Compartir: