PROMOCIÓN ECONÓMICA

Fin de semana de saldos en "Outlet Compostela"

17/03/2007 O recinto feiral de Amio acolle os días 16 e 17 de marzo "Outlet Compostela", no que participan 78 comercios. Todos os cidadáns que queiran asistir dispoñen de autobuses gratuitos que saen cada hora dende a Praza de Galicia coincidindo cos horarios de apertura da feira de saldos.

No recinto feiral de Amio habilitouse unha zona infantil, un espazo de xogos con servizo de gardería para que os máis pequenos poidan divertirse mentras os pais mercan con tranquilidade. Está previsto que pasen unhas 10.000 persoas por esta feira.

Outlet Compostela é a terceira das actividades programada no marco de "Marzo, mes do Comercio". A continuación, entre o 26 e o 31 de marzo desenvolverase na Fundación Torrente Ballester e no Centro Sociocultural do Ensanche "Aprende Mercando", unha actividade deseñada para que os máis pequenos se inicien no consumo responsable. A II Gala do Comercio Compostela Capital de Compras, que se celebrará o 30 de marzo no Auditorio de Galicia, pechará "Marzo, mes do Comercio". A gala é aberta ao público. Os interesados en asistir poden inscribirse na páxina web da Concellaría de Promoción Económica e Comercio www.maiscompostela.org.

Compartir: