COMERCIO

Gonzalo Muiños asiste ao sorteo de Compostela Monumental que premia, cun coche, as compras realizadas na cidade histórica

19/02/2021 O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, participou hoxe no sorteo organizado pola asociación de comerciantes Compostela Monumental, que premia as compras realizadas na cidade histórica desde o comezo da campaña de Nadal ata o 15 de febreiro.

Este ano a gañadora do Dacia Sandero foi Magdalena Fernández Méndez, que depositou a súa papeleta, debidamente cuberta, en "Joyería Regueira". E os premiados cos televisores foron Pilar Fandiño, que mercou en Docobo; José Manuel Banco por unha compra realizada na farmacia de Casas Reais; e Iria Pereira, que cubriu o boleto en pastelería Ébano. O encargado de sacar a papeleta gañadora foi o presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello.

Toda a clientela que mercou nos establecementos asociados a Compostela Monumental entre o 23 de decembro e o 14 de febreiro pudieron participar neste sorteo. O automóbil Dacia Sandero, do concesionario Dacia-Renault M.Caeiro, é o regalo estrela da campaña, que ten como obxectivo fidelizar a clientela e incentivar o consumo nos comercios da zona histórica.

Compartir: