RELACIÓNS VECIÑAIS

As entidades veciñais xa poden solicitar axudas para a realización de viaxes culturais por Galicia

14/03/2007 O concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, presentou a convocatoria de viaxes "Coñecendo o País". Esta iniciativa, á que se destinan 24.000 euros, permitirá ás entidades veciñais a realización dun total de 36 viaxes culturais por Galicia.

Esta iniciativa, que cumpre a oitava edición, pretende combinar a convivencia entre os veciños e veciñas co coñecemento da variada realidade cultural, histórica, etnográfica e natural de Galicia.

As asociacións veciñais interesadas poderán presentar as súas solicitudes por escrito, coa súas preferencias, ata o 31 de marzo, no Rexistro Xeral do Concello. As viaxes serán dun día de duración e desenvolveranse os sábados, domingos e festivos. As saídas terán lugar ás 8:30 horas, agás as que teñen como destino Verín, as Médulas ou o Cebreiro, con saída ás 8:00 horas. Todas as excursións contarán con guía e cun seguro de cobertura civil.

O montante global das axudas é do 60% do custo total da excursión. As asociacións veciñais deberá aboar o restante 40%. A adxudicación definitiva das viaxes farase a través dunha proposta feita á Xunta de Goberno, baseada en criterios de equidade no reparto.

Compartir: