EIXO ATLÁNTICO

Santiago acolle o Seminario de Fondos Europeos organizado polo Eixo Atlántico

14/03/2007 Con motivo do inicio do novo período de programación dos Fondos Comunitarios 2007-2013, o Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular organiza un seminario de información en Santiago de Compostela o 15 de marzo no Centro Sociocultural do Ensanche, a partir das 9:00 horas.

Baixo o título "O calendario de negociación das perspectivas financeiras da Unión Europea: negociación interinstitucional e perspectivas para a implementación da nova programación estrutural", este seminario ten por obxecto informar aos representantes das autoridades rexionais e locais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal sobre a programación dos Fondos Estruturais para o periodo 2007-2013. Así mesmo, proporcionarlles unha plataforma para a obtención de información sobre as liñas de financiamento comunitario e os obxectivos e estratexias prioritarias para a Unión Europea no nivel local e rexional.

O seminario está destinado exclusivamente a responsables políticos e técnicos de cada unha das cidades membro do sistema urbano da Eurorrexión e a aquelas entidades que teñen subscritos protocolos de colaboración co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular. Participarán nel, entre outros, o secretario de Estado de Desenvolvemento Rexional de Portugal, Rui Baleiras, e o conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, José Ramón Fernández Antonio.

Documentos relacionados



Compartir: