FESTAS

Os Reis Magos chegan a Santiago para recibir os nenos e nenas composteláns en Bonaval

05/01/2021 Este 5 de xaneiro foi diferente ata para os Reis Magos, que tamén tiveron que cumprir coas restricións para a contención da pandemia. No canto de saudar os nenos na tradicional cabalgata polas rúas da cidade, as súas Maxestades de Oriente recibiron os cativos e cativas de Compostela na Igrexa de Bonaval. Tamén se achegaron o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños.

As condicións especiais deste ano non restaron maxia ao evento e os nenos e nenas da cidade achegáronse coa mesma ilusión a ver a Melchor, Gaspar e Baltasar.

Na Igrexa de Bonaval agardaban as súas Maxestades para recibir os agarimos e as peticións dos máis pequenos da casa. Os Reis Magos comezaron a recepción real ás 12.00 h e alongarana ata as 22.00 horas, cunha parada de 14.00 h a 16.00 h para xantar.

Este ano era preciso a retirada dunha entrada previa no Teatro Principal para poder acceder á Igrexa, co obxectivo de controlar o aforo e facer máis fácil a localización dos asistentes en caso de detectarse algún brote.

Compartir: