FESTAS
A entrada recollerase na billeteira do Teatro Principal os días 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 18 a 20 h. Cada día poñeranse a disposición as entradas correspondentes a unha franxa horaria determinada.
O reparto farase do seguinte xeito:
- Día 28: entradas comprendidas entre as 12.00 e as 14.00h.
- Día 29: entradas comprendidas entre as 16.00 e as 18.00h.
- Día 30: entradas comprendidas entre as 18.00 e as 20.00h.
- Día 2: entradas comprendidas entre as 20.00 e as 21.00h.
- Día 3: entradas comprendidas entre as 21.00 e as 22.00h.
- Día 4: entradas sobrantes ou devolucións
Recollida de entradas para a recepción dos Reis Magos
22/12/2020 Este ano, a visita das súas maxestades de Oriente será distinta máis igualmente máxica e especial. Os nenos e nenas de Compostela terán a oportunidade de entregarlles persoalmente a Melchor, Gaspar e Baltasar as súas cartas nunha recepción que terá lugar o 5 de xaneiro na Igrexa de San Domingos de Bonaval. Este máxico encontro comezará ás 12.00 e prolongarase ata as 22.00 horas.
En cumprimento dos protocolos de seguridade só se poderá acceder á recepción cunha entrada que levará aparellada unha franxa horaria concreta. Por cada invitación poderán ver os Reis ata dous menores, que sempre irán acompañados dunha única persoa adulta.A entrada recollerase na billeteira do Teatro Principal os días 28, 29 e 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 18 a 20 h. Cada día poñeranse a disposición as entradas correspondentes a unha franxa horaria determinada.