CONSUMO

A seguridade alimentaria, protagonista da segunda charla conmemorativa do Día Mundial do Consumidor

13/03/2007 Os actos de celebración do Día dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias continúan o mércores 14 cunha charla sobre a seguridade alimentaria. O coloquio terá lugar no Centro Sociocultural do Ensanche ás 20:00 horas, e nel intervirán a presidenta da Federación de Euroconsumo Galicia, Aurora Lamas, e a doutora en Bioloxía Patricia Reboredo.

Cómpre lembrar que o xoves 15 de marzo celébrase o Día Internacional das Persoas Consumidoras e Usuarias. O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá ademais outra charla-coloquio sobre a Lei de Garantías dos bens de consumo, o día 19 de marzo, na que intervirán o secretario xeral de UGAL, Miguel López, e a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Santiago, Filomena Casal.

O mércores 7, a mesma sede acolleu a primeira das charlas, dedicada ás comunidades de propietarios e na que interviron a representante da Unión de Consumidores de Galicia (UGAL) Rocío Arnoso Moure e o axente de propiedade inmobiliaria Rafael Rodríguez Rey.

Segundo indicou a concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, estas sesións informativas pretenden "achegar información sobre os dereitos que asisten á cidadanía en materia de consumo e sobre as formas de facelos valer". "Trataranse aspectos presentes na vida cotiá, como a aplicación da lei de garantías, a seguridade alimentaria ou as normas de que rexen as comunidades de propietarios", engadiu.

Compartir: