CURTOCIRCUITO

Comeza Compostela Plató

12/03/2007 Ábrese o prazo de envío de guións de curtametraxes para participar en Compostela Plató, dentro da sección oficial do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto.

Ata o 27 de abril, os autores nados ou residentes en territorio español poderán enviar as súas obras de temática libre, escritas en galego ou castelán, nas que o 80% dos seus escenarios, interiores e exteriores, poidan estar localizados en Santiago de Compostela.

Tal como aconteceu xa con "Quérote mal" e "Bechos raros" (anos 2005 e 2006), o obxectivo deste concurso é a produción e rodaxe do guión gañador –para o que están destinados 40.000 euros– e a súa posterior distribución nunha ampla rede de festivais nacionais e internacionais. A curta gañadora será estreada na Gala de Entrega de Premios que clausurará o Festival o sábado 20 de outubro.

Os interesados en participar, poden consultar as bases no apartado Concurso de Guións da web www.curtocircuito.org.

Compartir: