TURISMO

Santiago pecha co mercado británico a súa participación na acción de promoción "Spain Box"

27/11/2020 Turismo de Santiago, a través do seu Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), participou neste mes de novembro nunha acción denominada "SpainBox", dirixida aos mercados francés, italiano e británico, tres mercados estratéxicos para a cidade.

"SpainBox" é unha acción organizada polo Spain Convention Bureau, do cal forma parte Turismo de Santiago a través do SCCB. Participan diferentes destinos españois e axencias organizadoras de eventos. Vai dirixida ao segmento corporativo e o obxecto é captar convencións, reunións de empresa e viaxes de incentivo.

A acción dividiuse en tres xornadas, unha para cada mercado. As dúas primeiras fixeronse cun formato de presentacions de destino A primeira xornada celebrouse o 12 de novembro. Estivo adicada ao mercado francés. Participaron 16 axencias francesas e 16 destinos españois, sendo Santiago o único galego. A segunda xornada, adicada ao mercado italiano, celebrouse o 24 de novembro e participaron 15 destinos e 15 axencias italianas respectivamente.

A terceira xornada, celebrada este 26 de novembro estivo adicada ao mercado británico. Realizouse cun formato de citas individuas mediante videoconferencia entre axencias e destinos. O SCCB mantivo 12 entrevistas con organizadores profesionais de todo tipo de eventos corporativos.

O obxectivo da entidade municipal con esta acción é posicionar a cidade como un destino de calidade para a celebración de eventos e incentivos empresariais unha vez se supere a crise sanitaria xerada polo Covid-19, con gran impacto no sector de Congresos, Eventos e Xornadas, e poda recuperarse a movilidade normal entre países e rexións.

Santiago conta cunha oferta que se adapta ás necesidades do segmento corporativo. É unha cidade Patrimonio da Humanidade, destino final do Camiño de Santiago. Conta cunha amplia e variada disponibilidade de sedes ou auditorios para eventos, así como con espazos singulares repletos de historia, como mosteiros ou pazos. E conta tamén cunha ampla oferta cultural e unha gran gastronomía, con productos de tempada de gran calidade.

Compartir: