XUNTA DE GOBERNO

O Concello destina 550.000 euros ao Plano de Competitividade Turística para 2007

12/03/2007 O Goberno local aprobou a sinatura dun convenio entre o Concello e a empresa municipal INCOLSA-Turismo de Santiago, polo que esta última asume a execución das accións do Plano de Competitividade Turística para este ano 2007. O orzamento para esta iniciativa será de 550.000 euros.

O Plano de Competitividade Turística é un conxunto coordinado de accións para incidir no produto turístico de Santiago de Compostela no seu sentido máis amplo. Os seus obxectivos son varios: mellorar a calidade da experiencia turística, diversificar produtos e mercados, desestacionalizar, alongar a estancia, aumentar o valor engadido por turista, preservar e por en valor os recursos, difundir e divulgar culturalmente, mellorar a calidade de vida, estender territorialmente os beneficios do turismo e conseguir sinerxias co resto dos sectores.

As actuacións contemplandas na anualidade 2007 son o Programa de Promoción en Europa, a promoción do operador turístico local Compostur e a promoción do Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB).

Compartir: