EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN

Teresa Regúlez reúnese coa comunidade compostelá en Caracas

12/03/2007 A concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez, mantivo un encontro cos santiagueses residentes en Caracas na sede da Fundación Ramón Rubial Españoles en el Mundo de Venezuela. Con eles falou sobre as accións en materia de emigración e tratar de encamiñar ou dar reposta ás súas necesidades.

Teresa Regúlez departiu cos santiagueses de Caracas sobre Santiago de Compostela, o traballo que se vén desenvolvendo entre a comunidade inmigrante e emigrante e a preocupación que atravesan os composteláns residentes en Venezuela -arredor duns 450-, moitos deles necesitados de axuda asistencial e medicinas.

Os asistentes ao encontro quedaron en contacto coa Fundación Ramón Rubial Españoles en el Mundo de Venezuela para resolver as súas necesidades específicas.

Por outra banda, a concelleira inaugurou o programa de radio "Españoles en el Mundo", no que se dirixiu aos cidadáns de Santiago que viven en Venezuela. O programa, feito para dar información a toda a colectividade española, comezou a súa andaina o sábado 10 de marzo.

Regúlez manterá tamén unha entrevista co agregado laboral e coa Fundación España-Salud, e unha entrevista co alcalde de Chacao.

Compartir: