VIVENDA

Emuvissa adxudica as obras do SUP-7 de Pontepedriña e o último bloque de vivendas do SUNP-1 de Meixonfrío

12/03/2007 Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse esta mañá no Pazo de Raxoi o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), no que se adxudicaron o concurso para a execución das obras do SUP-7 de Pontepedriña e as vivendas que restaban por construír no SUNP-1 de Meixonfrío.

O Consello de Administración da Empresa Municipal e Vivenda e Solo deu o visto bo á adxudicación do concurso para a execución das obras de urbanización do SUP-7 de Pontepedriña. Recaeu na UTE Alcomte Galicia, S.L.- Misturas, Obras e Proxectos S.A.- Técnicas Eléctricas y Desarrollo Integral, S.L., por un importe de 4.458.116,15 euros e un prazo de execución de nove meses e unha semana.

Así mesmo, e unha vez que obtivo a cualificación como vivenda de protección autonómica de réxime especial, o bloque que restaba por construír no SUNP-1 de Meixonfrío, parcela C, adxudicouse definitivamente ao Grupo Doseán, S.L., polo prezo de 278.933, 91 euros

Compartir: