ACCIÓN CULTURAL
as moderando Maru Godas, e reúnen unha serie de entrevistas e conversas cos artistas máis salientables do panorama estatal desta disciplina.
Pódense seguir, ata as seis da tarde, na plataforma Zoom. Esta mañá entrevistaron á artista María Herreros; a Catalina Rodríguez, que indagou sobre os seus cadernos de viaxe dos camiños de Santiago e de Kumano. A mañá rematou cunha conversa sobre a exposición Xirarei, comisariada por Fausto Isorna para o Auditorio de Galicia e que se clausurou o pasado mes de setembro.
Para as sesións da tarde contarase cunha entrevista a Pablo Rosendo, que achegará ás Xornadas ás sendas de Ons, seguida dunha conversa de Luis Ruiz Padrón sobre ilustración e xornalismo. Pechará as xornadas a súa moderadora, a artista Maru Godas. O público pode interactuar cos ilustradores a través do chat, que responde en directo ás súas preguntas.
Na inauguración tamén estiveron presentes Xurxo Couto e Genma Sesar.
Hoxe desenvólvense, en liña, as Xornadas de Ilustración Urbana nas que están inscritas máis de 200 persoas de distintos países
07/11/2020 A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, inagurou esta mañá as Xornadas de Ilustración Urbana, que se celebran online, e nas que se inscribiron máis de 200 persoas, de lugares tan lonxanos como México, Brasil, Perú, Arxentina, e tamén de distintos países europeos e como non, de Galicia e de Santiago de Compostela.
As Xornadas de Ilustración Urbana son unha actividade organizada polo Concello de Santiago de Compostela, co apoio da Deputación da Coruña. Estánas moderando Maru Godas, e reúnen unha serie de entrevistas e conversas cos artistas máis salientables do panorama estatal desta disciplina.