ACCION CULTURAL

Santiago de Compostela recorda a vinculación de García Lorca coa cidade cunha escultura na Alameda

25/10/2020 O poeta e dramaturgo Federico García Lorca xa ten a súa escultura na Alameda, no paseo da Ferradura, baixando a escaleira de Santa Susana, co mono azul que utilizaba nas xiras coa compañía da Barraca, e mirando cara a estatua de Rosalía de Castro, a súa admirada poetisa. Inaugurouna o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, no Día de García Lorca en Galicia, acompañado da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o autor da figura escultórica, Álvaro de la Vega; e o editor Henrique Alvarellos, un experto na vida e obra do escritor granadino.

Sánchez Bugallo sinalou que hoxe a figura de Lorca unese a todas as personalidades que teñen a súa estatua na Alameda, algo no que tamén incidiu Henrique Alvarellos. Segundo explicou o alcalde, "a unha escultura é practicamente unha reproducción da foto de García Lorca baixando as escaleiras da Praza da Quintana." Esa foto foi o punto de partida para a estatua, unha idea coa que o autor, Álvaro de la Vega traballou desde un principio "como se fora miña". "Sentínme moi cómodo", engadiu, facendo "este traballo", que cualificou de "engatusante". Henrique Alvarellos destacou que, "despois de tantos anos", Lorca "segue interpelándonos e hai administracións sensibles que son capaces, en poucos meses, convertir unha idea en realidade". "Realmente", continuou estamos facendo un pouco esa homenaxe que García Lorca quería terlle feito a Rosalía de Castro, e por iso están tan preto os dous". Lorca, engadiu, "cando saiu por última vez de Santiago quería que se lle organizase unha homenaxe popular a Rosalía de Castro. Non se puido facer, pero hoxe, dalgunha maneira, estámolo achegando a ela".

Preto da escultura de Lorca plantouse un camelio branco, en recordo desa homenaxe que nunca se chegou a realizar, e tamén en lebranza dun dos "Seis poemas galegos", concretamente o de "Chove en Santiago". O primeiro contacto que tivo Lorca con Galicia e con Santiago foi un 25 de outubro de 1916. Baixou ás once da noite do tren, na estación de Cornes. Viña nunha viaxe de estudos e pasou cinco días na nosa comunidade, tres deles en Compostela. O seu primeiro libro "Impresiones y paisajes", recorda a súa estancia en Santiago e a pegada de Rosalía de Castro.

Volvería a Compostela tres veces máis, todas en 1932. Dúas seguidas, no mes de maio, e unha última a finais de agosto, coa compañía La Barraca, e ese mono azul co que se retratou baixando as escaleiras da Praza da Quintana e que agora se reproduce na escultura de Álvaro de la Vega.

Foi tamén un 25 de outubro, na estrea de "Bodas de sangre" en Bós Aires, cando lorca se dirixiu aos galegos alí presentes coa frase: "a los gallegos, que llegan sonando ese cuerno de blando metal que es su idioma".

Por iso, o 25 de outubro de 2018, desde Alvarellos Editora puxeron en marcha o Día de García Lorca en Galicia, que este ano celebra a súa terceira edición. E fixérono para lembrar, nos centros docentes, nos fogares, nos clubes de lectura, ou dende as institucións ao escritor andaluz que se definiu como "poeta gallego".

Biografía de Álvaro de la Vega
Álvaro de la Vega nace en Paradela (Lugo) en 1954, lugar onde pasará a súa infancia e que terá grande influencia en toda a súa creación artística. Por motivos familiares, trasládase xunto coa súa familia a Luarca (Asturias) uns anos. Regresa a Lugo para rematar os seus estudos de Bacharelato. É nesta cidade onde realiza a súa primeira exposición, da que só se conserva un cadro. Con vinte e dous anos trasládase a Barcelona para cursar estudos de Belas Artes. Nesta etapa inicial, a pintura é o seu medio habitual de expresión e as súas principais fontes de influencia a fotografía e o cómic, chegando a explorar o graffiti.
É en 1990, tras instalarse en Corcubión (A Coruña), cando comenza a explorar a linguaxe escultórica. Para elo toma como punto de partida a figura, tanto humana como animal, "Somos pel sostida sobre unha estructura. Por eso fixen un esqueleto como punto de partida". É de novo en Barcelona onde realiza a súa primeira exposición individual de escultura na Galería Tom Maddock en 1991. Estas primeiras obras de madeira caracterízanse polo uso da pintura como medio para potenciar o valor expresivo.

Durante a década dos 90, a súa linguaxe escultórica consolídase aparecendo outro tipo de materiais como o ferro, a cerámica ou a pedra, materiais vinculados á natureza ou as profesións tradicionais. "O ferro é un material humilde, cotiá; no ferro fúndense o colectivo e o fugaz, o individual, o solitario, o estricto". Os finais dos noventa inician unha etapa de intensa actividade expositiva, que se extende ata a actualidade, con presenza en importantes galerías e institucións. Ó mesmo tempo inicia a carreira internacional e a súa obra comenza a formar parte de destacadas coleccións públicas e privadas.

A mediados da primeira década deste novo século, o artista profundiza na exploración da relación da obra co espazo. Para elo utiliza os máis diversos recursos, desde cables que se fixan a paramentos ou ós teitos xerando tensións, a cerramentos ou soportes que actúan como verdadeiras intervencións no lugar que ocupan. Esta interrelación entre espazo-obra-espectador continúa sendo na actualidade un dos eixos do seu discurso artístico, un discurso maduro e depurado que evoluciona gardando fidelidade absoluta aos seus principios fundamentais. Nas propias palabras do artista: "Antes que nada unha escultura é unha presenza que comunica cun valeiro e creo que por aí debe comezar o espectador".

Compartir: