XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba, en sesión extraordinaria, un expediente de modificación de crédito para actividades de dinamización comercial en Área Central

23/10/2020 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria e urxente, aprobou tres proxectos de modificación de crédito que agora deberán ser ratificados en pleno.

O primeiro expediente, por un importe de 30.000 euros, está financiado con baixas por anulación, e ten por obxectivo habilitar crédito para a concesión dunha nova subvención nominativa da área de comercio, coa finalidade de instalar unha pista de patinaxe sobre xeo na praza Europa de Área Central, así como a realización de actividades complementarias de dinamización durante o exercicio 2020.

Outra das modificacións de crédito, por un importe total de 18.029 euros, permitirá á Policía Local acometer a adquisición dun vehículo todo terreo, que se vai financiar coa baixa por anulación do crédito dispoñible existente para dar cobertura ás actividades do departamento de festas, que se viron alteradas con motivo da pandemia xerada pola COVID-19. Finalmente, o terceiro expediente de crédito extraordinario, estará financiado co remanente líquido de tesouraría para gastos xerais do concello (exercicio 2019) e destinarase a obrigas en situación de OPA (Oferta Pública de Adquisición).

Documentos relacionados



Compartir: