MERCADOS

O concelleiro de Promoción Económica ultima co Ministerio de Vivenda o convenio de remodelación do Mercado de Abastos

09/03/2007 O Concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, entrevistouse en Madrid co Director Xeral de Arquitectura e Política de Vivenda do Ministerio de Vivenda, Angel Rafael Pacheco Rubio. Iglesias espúxolle a necesidade de acelerar a sinatura do convenio de colaboración para a remodelación do Mercado de Abastos, que previsiblemente terá lugar en abril, para iniciar o proceso de contratación das obras e estar en condicións de executar os recursos económicos comprometidos para o ano 2007 polo Ministerio de Vivenda, a Xunta e o Concello de Santiago.

As obras de remodelación do Mercado de Abastos contan cun orzamento de 5.145.143,53 euros, divididos en tres anualidades (2007, 2008 e 2009). O Ministerio de Vivenda aporta o 50% do total, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Innovación e Industria o 25%, e o Concello de Santiago, a través da Concellaría de Promoción Económica e Comercio, o outro 25%. Está previsto que este ano se destinen 570.000 euros ás obras, 150.000 aportados polo Concello, outros 150.000 aportados pola Xunta e 270.000 polo Ministerio de Vivenda.

Xosé Manuel Iglesias trasladoulle a Angel Rafael Pacheco que en beneficio da intervención e para gardar unha liña de coherencia, sería de interés que a Dirección de Obras recaese en Francisco Vidal, gañador do Concurso de ideas para a remodelación do Mercado de Abastos e encargado do proxecto básico e do proxecto de execución. O Concelleiro de Promoción Económica e Mercados tamén lle propuxo que o arquitecto responsable do Casco Histórico figure como director adxunto e supervisor permanente dos traballos, con capacidade para opinar e proponer as medidas que estime oportunas durante a execución das obras. Segundo o edil, desta maneira estaría permanentemente garantida a adecuación dos traballos ao valor arquitectónico do recinto e aos criterios urbanísticos do Casco Histórico.

Además, Iglesias propuxo que, unha vez licitadas as obras, e consensuandoo cos comerciantes, se cree unha Comisión composta por técnicos e representantes dos vendedores do Mercado de Abastos que actuase como instrumento de interlocución permanente coa Dirección da Obra co obxectivo de facilitar o máximo posible a actividade comercial da Praza de Abastos mentres dure a remodelación.

Outro dos temas tratados foi a orde a seguir nas obras de remodelación do Mercado de Abastos. O concelleiro explicou que, coa finalidade de interferir o menos posible na actividade comercial, sería conveniente obrar primeiro no exterior do recinto, tal e como recomendaron o arquitecto do Casco Histórico e o arquitecto gañador do Proxecto do Concurso de Ideas. O fundamental, en opinión de Iglesias, é que o groso da intervención se realice no ano 2008.

Coas obras de remodelación e coa dotación de máis de 150 prazas de parking habilitadas a mediados de decembro do 2006 para solucionar os problemas de aparcamento de proveedores e compradores no entorno do recinto, a Praza de Abastos adaptarase plenamente ás necesidades dun mercado do século XXI , que combina a perfección tradición con modernidade.

Compartir: