ALCALDÍA

O Colexio de Procuradores entregou as Cruces de San Raimundo de Peñafort

09/03/2007 O Hotel Monumento San Francisco acolleu o acto de entrega das Cruces de San Raimundo de Peñafort, que organiza o Colexio de Procuradores de Santiago. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao evento.

Nesta ocasión, o Colexio outorgou as súas distincións ao presidente da Sección Sexta da Audiencia Nacional, Ángel Pantín Reigada, e ao maxistrado xuíz decano de Santiago, Javier Míguez Poza.

Compartir: