COMERCIO

Xuntanza do alcalde coa Fundación Santiago Centro

05/10/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo hoxe un encontro co presidente da Fundación Santiago Centro, José María Fernández, no Pazo de Raxoi.

Tamén asistiron o concelleiro de Seguridade Cidadá, Mobilidade e Festas, Gonzalo Muíños; a técnica de Comercio, Lucía Castro; e, por parte de Santiago Centro, o seu secretario, Delmiro Prieto.

Na reunión abordáronse temas de interese para a asociación de comerciantes, como por exemplo a iluminación das rúas e a campaña de Nadal.

Compartir: