ALCALDÍA

Recepción á Asociación para o Proxecto Foltra

08/03/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos representantes da Asociación para o Proxecto Foltra. Esta entidade sen ánimo de lucro proporciona asistencia a todo aquel que o necesite, con dano cerebral conxénito ou adquirido, central ou periférico, pero tamén a outro tipo de pacientes que pola súa patoloxía (diabéticos, infartos…) poidan beneficiarse do proxecto.

Os representantes da Asociación explicáronlle ao alcalde as actividades e proxectos da Asociación, que funciona dende outubro de 2006 grazas ás instalacións e equipo humano que dispón no campo de fútbol municipal "Manuel Paz", en Lamas de Abade . Entre os seus obxectivos tamén está a difusión do coñecemento sobre o dano cerebral e a súa recuperación, así como promover estudos nesta materia.

O seu nome, Foltra, procede da palabra que de forma obsesiva repetía un xoven de 22 anos cando comezou a saír do coma tras un grave accidente de tráfico con importante dano cerebral. Un ano máis tarde, aquel mozo recuperou o 95% da súa capacidade física e intelectual.

Compartir: