ALCALDÍA
Á xuntanza de hoxe, presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asisitiron tamén a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; o edil de Presidencia Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio e Consumo; Guillermo Carlos Otero, subdirector de Innovación e Coordinación Administrativa; María Eugenia Pérez, subdirectora xeral de Formación Profesional; José Blas García Piñeiro, en representación da Deputación da Coruña; Pablo Sampedro, director da Área de Cultura da USC; Arturo Ouro, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes "Ourives de Compostela"; Lisardo Núñez, asesor da Asociación; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e a técnica municipal de Comercio, Lucía Castro.
Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría. Na Idade Media contabilizáronse ata 130 obradoiros de prateiros e acibecheiros arredor da Catedral. Pór en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos do Plan Estratéxico deseñado por Ourives de Compostela, que presentaron no mes de xullo no Paraninfo da USC
Retómanse as xuntanzas da Comisión de Ourives
25/09/2020 Retómanse as xuntanzas da Comisión de seguimento do Plan Estratéxico de Ourives de Compostela, constituída o pasado 17 de febreiro para pór en valor este traballo artesanal no que Santiago é unha referencia, tralo parón imposto pola COVID.
Nesta reunión, que inicialmente estaba prevista para marzo, debatéronse as actividades que integran o plan e que se prevén executar neste 2020. Así mesmo, continuouse avanzando nas posibles formas de colaboración entre as distintas administracións para desenvolver as do ano que vén.Á xuntanza de hoxe, presidida polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asisitiron tamén a concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón; o edil de Presidencia Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte; Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio e Consumo; Guillermo Carlos Otero, subdirector de Innovación e Coordinación Administrativa; María Eugenia Pérez, subdirectora xeral de Formación Profesional; José Blas García Piñeiro, en representación da Deputación da Coruña; Pablo Sampedro, director da Área de Cultura da USC; Arturo Ouro, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes "Ourives de Compostela"; Lisardo Núñez, asesor da Asociación; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; e a técnica municipal de Comercio, Lucía Castro.
Santiago chegou a ser unha referencia a nivel mundial en orfebraría. Na Idade Media contabilizáronse ata 130 obradoiros de prateiros e acibecheiros arredor da Catedral. Pór en valor este oficio e recuperar a súa importancia histórica é un dos obxectivos do Plan Estratéxico deseñado por Ourives de Compostela, que presentaron no mes de xullo no Paraninfo da USC