TURISMO

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago valora a solidez que segue mantendo a ruta, a pesar do descenso no número de peregrinos

18/09/2020 O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asistiu hoxe, a través de videoconferencia, á Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago, na que se constatou, segundo explicou, "a notable reducción" no número de peregrinos a causa do confinamento e da crise sanitaria. Aínda así, valorouse "a consistencia" e solidez que siguen mantendo as rutas xacobeas plasmada "nesa recuperación que tivo nos meses de xullo, agosto, e tamén no mes de setembro".

Tamén se fixo, explicou Sindo Guinarte, "unha pequena proxección da posiblidade de actividades a desenvolver no que queda de ano e ao longo do ano 2021, todo condicionado a como evolucione a pandemia" da COVID-19.

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) é unha entidade sen ánimo de lucro integrada por municipios do Camiño Francés, que se asociaron para contribuír á xestión desta ruta xacobea. Foi en 2015, en Burgos, cando tivo lugar o acto de fundación. Xa antes, en 2011, asinárase un protocolo para a constitución dun Observatorio Xacobeo, na cidade de Xaca, en Huesca. A este protocolo adheríronse os concellos de Xaca, Logroño, Burgos, Astorga e Santiago de Compostela; e supuxo o xerme do que, máis adiante, adopta a identidade xurídica de Asociación de Municipios do Camiño de Santiago.

Neste momento, a entidade integra a 104 municipios e no seu conxunto constitúe un modelo de cooperación, de solidariedade entre concellos e de respecto á diversidade, valores que fundamentan a propia ruta Xacobea.

Compartir: