CONSORCIO

O Consorcio celebra a súa comisión executiva

10/09/2020 O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa comisión executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo.

No transcurso da xuntanza tratáronse diversos asuntos de trámite. Ademais, os membros da Comisión aproveitaron para despedir a Carmen Alcalá, inspectora xeral do Ministerio de Facenda, que foi representante da Administración Xeral do Estado no Consorcio de Santiago desde o ano 2012 e deixa "un gran recordo entre todos os que temos compartido responsabilidades con ela pola súa profesionalidade e altura humana" -tal como salientou o alcalde-.

Compartir: