ALCALDÍA

Dictadas as instrucións que adaptan o funcionamento do servizo de comedor escolar e madrugadores ás indicacións da Consellería de Educación

09/09/2020 Mediante Decreto da Alcaldía, o Concello publica hoxe as normas que rexerán o funcionamento do servizo de comedor escolar e de madrugadores para o curso 2020-2021, co gallo de adaptalo ás instrucións dictadas pola Xunta para a prevención da COVID-19.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que supervisou esta tarde o estado dos comedores dalgúns centros, firmou o decreto, que entra en vigor hoxe, día da súa publicación. Nel recóllense as instrucións precisas para adaptar o funcionamento do servizo ás normas da Xunta. Deste xeito, establécense unha serie de requisitos que favorecen "a estabilidade das peraoas", segundo indicou o rexedor: "que utilicen sempre os mesmos espazos, as mismas mesas, etc" co obxectivo de acadar as "mellores condicións sanitarias".

Ën canto ao programa de madrugadores, apróbase a ampliación do horario tendo en conta que o servizo remata ás 9 e hai centros que empezar a ser operativos ás 9.30 h, co que se produce un certo "desfase horario" que se soluciona con esta ampliación de media hora.

Tamén se autoriza e se prevé a ampliación dun monitor máis en cada un dos centros, sempre que sexa necesario para facer fronte ás novas esixencias. "Os país non poden levar os nenos ata o comedor ou ao lugar onde se desenvolve o programa madrugadores. Deben ser os propios monitores os que os recollan na porta e os outros rapaces non poden quedar sos, polo tanto imos necesitar en case todos ampliación de persoal", recoñeceu o alcalde.

O decreto recolle o informe detallado das necesidades detectadas polo Departamento de Educación tralas reunión mantidas cos directores dos propios centros.

Documentos relacionados



Compartir: