IGUALDADE

O 10 de setembro celébrase a xornada "Prostitución: unha ollada desde dentro", no marco do programa Artellando Feminismo

09/09/2020 O Concello de Santiago retoma as xornadas do programa Artellando Feminismo, coa conferencia online "Prostitución: unha ollada desde dentro", que impartirá mañá, día 10 de setembro, Amelia Tiganus, de 19:30 h. a 21:00 h.

Reflexionará sobre os perigos que para mozos e mozas está a xerar a industria da explotación sexual na actualizade, centrándose tamén na pronografía, que funciona como unha ferramenta de marketing para a prostitución inculcando uns valores erróneos na xuventude. Impartirá un discurso que aposta pola educación afectivo-sexual e unhas leis que garantan os dereitos humanos para todas as mulleres.

Amelia Tiganus foi vítima de trata sexual desde que era menor de idade. Hai mais de dez anos que conseguiu saír do sistema prostitucional e agora loita en pos do abolicionismo desde unha perspectiva feminista, a mesma que lle axudou a liberarse, a descubrir que a culpa non era súa, considerándose unha supervivente desa realidade.

Todas as actividades son de balde. Só hai que inscribirse na web do programa Artellando Feminismo, no enlace de inscricións.

A seguinte actividade programada, á ultima desta tempada, será presencial, o 24 de setembro. Nela proxectarase a longametraxe El proxeneta, dirixida por Mabel Lozano. Tras o visionado, haberá un coloquio coa

Artellando Feminismo
Artellando Feminismo é un programa deseñado polo Departamento de Igualdade. Trátase dun conxunto de accións encamiñadas a animar a sociedade compostelá a implicarse de xeito activo na transformación social, fomentando a toma de conciencia na igualdade de dereitos e de oportunidades; recoñecendo a contribución da muller ao desenvolvemento social, económico e cultural; dando visibilidade ás desigualdades aínda existentes; promovendo a reflexión e os espazos de creación conxunta e facilitando ferramentas prácticas para desenvolver recursos a favor da igualdade real entre mulleres e homes.

As xornadas, que tamén se celebraron durante os meses de maio e xuñó, pretenden ser un espazo de intercambio e aprendizaxe, e están dirixidas a todas as persoas interesadas en acadar unha cidadanía responsable dende a participación activa, contribuíndo de forma individual para unha construción colectiva, porque cada persoa que artella feminismo, artella igualdade.

Compartir: