ALCALDÍA

Un ano máis honrando a memoria de Ánxel Casal

19/08/2020 A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, participou este mércores na ofrenda floral a Ánxel Casal realizada polos concellos de Santiago e Teo con motivo do 84 aniversario do seu asasinato. Finalmente, os actos de homenaxe previstos tiveron que ser adiados por mor do mal tempo.

Un 19 de agosto de 1936, o corpo sen vida do editor e alcalde de Santiago era atopado na Estivada da Ribeira, en Cacheiras, xunto ao de José Devesa Areosa. Nese mesmo lugar é onde hoxe se realizou a ofrenda floral.

Compartir: