TURISMO
A iniciativa ten dous grandes beneficiarios: máis de 170 hoteis e pensións da cidade, que teñen un agasallo que ofrecer ás persoas e familias que se aloxen tres noites no seu establecemento; e os sectores turístico e comercial da cidade en xeral, xa que aumentar a estadía media nos establecementos da cidade ten unha repercusión económica directa.
Neste sentido, os datos do primeiro mes do programa indican que os participantes no programa, cunha media de cinco noites por persoa na cidade, están superando a media de estadía nos anos previos, que se situaba en dúas noites. Así, estase cumprindo o obxectivo de Turismo de Santiago no contexto actual de ampliar a estadía media na cidade.
As visitas sen custo para os participantes son Tour Peregrino ou Compostela Contada. As visitas teñen saída garantida todos os días ata o 31 de decembro, dependendo os seus horarios da época do ano. Ata o 30 de setembro hai catro saídas diarias: ás 10:00, 12:00, 16:00 e 18:00 horas.
O Tour Peregrino é unha visita que xira arredor da figura dos peregrinos e o seu protagonismo na cidade dende o descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago ata hoxe en día. A visita guiada parte da praza das Praterías e pasa por lugares emblemáticos como a praza do Obradoiro, o antigo cemiterio de peregrinos preto da capela de San Fructuoso, a rúa das Hortas e San Martiño Pinario.
Compostela Contada consiste nun percorrido polas rúas e prazas principais do Casco Histórico de Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco. Na visita alúdese á historia do Apóstolo Santiago, quen xustifica a orixe da peregrinación e o desenvolvemento de Santiago de Compostela. O percorrido comeza na praza das Praterías e pasa polas principais prazas e rúas do Casco Histórico.
Máis de 400 turistas participaron xa nas visitas guiadas do programa Santiago Prémiate
19/08/2020 Santiago Prémiate, froito da colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia, permite que as persoas que visitan Santiago poidan recibir como agasallo visitas guiadas pola cidade, cun prezo de venda ao público de 12 euros por persoa. A única condición para poder acceder a esta promoción é pasar un mínimo de tres noites nun hotel ou pensión da cidade.
Santiago Prémiate comezou o pasado 15 de xullo. Dende entón, participaron nestas visitas guiadas 401 persoas. En total, estas persoas xeraron 1.998 pernoctacións na cidade, cunha media de cinco noites por persoa. Destes 401 participantes, 127 fixérono só do 10 ao 17 de agosto, sinal de que o número de participantes foi aumentando a medida que avanzaba o mes, confirmando que os turistas ven Santiago como un destino seguro.A iniciativa ten dous grandes beneficiarios: máis de 170 hoteis e pensións da cidade, que teñen un agasallo que ofrecer ás persoas e familias que se aloxen tres noites no seu establecemento; e os sectores turístico e comercial da cidade en xeral, xa que aumentar a estadía media nos establecementos da cidade ten unha repercusión económica directa.