ALCALDÍA

Renovado o voto da cidade de Santiago a San Roque

16/08/2020 A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, presidiu o tradicional voto da cidade a San Roque. Outros/as integrantes da Corporación municipal asistiron a este acto, celebrado na capela de San Roque.

San Roque é co-patrón da cidade. O acto serviu para renovar a devoción cara un San Roque que, segundo a tradición, salvou a Compostela das epidemias que a ameazaban.

A historia remóntase ao século XVI, cando varias pestes asolaron a cidade. Despois de oito meses dunha forte epidemia, no ano 1517 o Cabildo e os rexedores de Santiago decidiron alzar na entrada da cidade a capela dedicada a San Roque tentando así frear a epidemia. Pasada a peste, os gobernadores da cidade esqueceran os votos ata que no 1570 un novo brote ameazara á poboación. Finalmente, a construción da capela rematara no 1576 e, ao seu carón, monseñor Francisco Blanco ordenara levantar un hospital para enfermos contaxiosos. A igrexa de San Roque foi rehabilitada hai uns anos polo Consorcio da Cidade.

Compartir: