ALCALDÍA

O Concello súmase ás recomendacións da FEMP e do Goberno sobre o uso responsable da máscara en contornas naturais

07/08/2020 O Concello de Santiago, como integrante da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), súmase á campaña desta en colaboración cos ministerios para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e de Consumo, que leva por título "Recordos inesquecibles. A máscara é para ti, non para a natureza". Esta iniciativa promove o uso de máscaras protectoras e quere sensibilizar sobre os efectos do abandono das mesmas en contornas naturais.

Tal como se explica na campaña, unha máscara hixiénica, cuxo uso é indispensable para previr contaxios da Covid-19, tarda entre 300 e 400 años en degradarse se, unha vez utilizada, é abandonada nunha contorna natural. A iniciativa anima ao uso responsable da máscara en espazos naturais, ao tempo que busca concienciar sobre os riscos do seu refugallo en espazos naturais como campos, bosques ou praias.

A campaña apela ao uso de máscaras reutilizables -de especificación UNE 0065- fronte a outras dun só uso e lembra que o contedor gris é o destino de todos os residuos asociados á protección fronte a Covid-19, incluídas as máscaras.

Compartir: