TURISMO
O obxectivo da primeira fase é facer unha campaña moi segmentada, tendo en contas as limitacións ás viaxes que hai cara España, a situación no propio país con diferencias entre comunidades autónomas, e tamén aos tipos de viaxes que se están facendo no contexto da Covid-19, na maioría de caracter familiar e buscando tranquilidade e seguridade.
A campaña diríxese a todo o mercado español, pero concentrándose nas comunidades autónomas que máis consultas están xerando na oficina de información de Turismo de Santiago dende a súa reapertura o pasado 15 de xuño: Madrid, País Vasco, Castela e León, Andalucía e Comunidade Valenciana.
A campaña xira arredor de tres eixos, adaptándose ao momento presente: Viaxar en Familia, Parques e xardíns e Gastronomía. O obxectivo é poñer en valor que Santiago é unha cidade para viaxar en familia, verde e cunha gran gastronomía que permite crear a propia historia de cada quen con confianza e seguridade.
A campaña ten unha web de referencia, que se atopa dentro da páxina de Turismo de Santiago, onde os potenciais turistas poden ver toda a oferta da cidade. As principais ferramentas que se empregan son pezas audiovisuais, adaptadas en tempos e formatos aos modos de consumo de Internet e as redes sociais.
A segunda fase da campaña desenvolverase no último trimestre do ano. Terá o mesmo lema: "Santiago de Compostela. A túa historia". Pero definirase o momento, as canles e os contidos concretos en base á evolución da situación da pandemia. A intención de Turismo de Santiago é que esta segunda fase da campaña sirva para atraer turistas de cara ao Nadal, pero tamén que sirva para anunciar o comezo do Ano Santo.
A campaña promocional "Santiago de Compostela. A túa historia" supera os cinco millóns de impactos
06/08/2020 A nova campaña de promoción turística "Santiago de Compostela. A túa historia" superou xa os cinco millóns de impactos dende o seu comezo, o pasado 23 de xullo. Ademais, o vídeo promocional de Santiago sumou xa máis de medio millón de reproducións nas diferentes canles nos que está dispoñible.
"Santiago de Compostela. A túa historia" ten por obxectivo reactivar a demanda turística da cidade o antes posible no complexo contexto da Covid-19. A campaña terá dúas fases diferenciadas, en función da evolución da situación nos vindeiros meses. A primeira comezou o 23 de xullo e prolongarase durante o mes de agosto.O obxectivo da primeira fase é facer unha campaña moi segmentada, tendo en contas as limitacións ás viaxes que hai cara España, a situación no propio país con diferencias entre comunidades autónomas, e tamén aos tipos de viaxes que se están facendo no contexto da Covid-19, na maioría de caracter familiar e buscando tranquilidade e seguridade.