UMAD

A UMAD pon en marcha un taller sobre sexualidade e saúde

06/03/2007 A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes vai poñer en marcha os vindeiros días 13, 14 e 15 de marzo o obradoiro "Sexualidade e Saúde", dirixido ao colectivo de gais e lesbianas. Estará encamiñado a promocionar hábitos saudables e medidas de prevención de VHI e ETS.

O horario do curso será de 19:00 a 21:00 horas e os interesados en inscribirse poderán facelo nos teléfonos da asociación CGC e BOGA (Mulleres lésbicas e bisexuais de Galiza): 671491093, ou da UMAD (981528773). Así mesmo, poderase solicitar a inscrición nos correos:

gaicompos@hotmail.com;
lesbicompos@hotmail.com;
umad@santiagodecompostela.gal .

Compartir: