MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Os/as usuarios/as do transporte urbano recibirán este xoves exemplares de "Follas Novas", de Rosalía

21/07/2020 As persoas que este xoves empreguen o transporte urbano poderán atoparse cun agasallo en forma de libro: Follas Novas, de Rosalía de Castro. O reparto de balde desta publicación, previsto con motivo da celebración do 8M, Día Internacional das Mulleres, tivera que adiarse por mor da crise sanitaria.

No marco do 8M, La Voz de Galicia editou as obras de tres precursoras na reivindicación do papel da muller na sociedade: Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Concepción Arenal. No caso de Santiago e grazas á colaboración do Concello e de Tussa, estaba previsto que os/as usuarios/as do transporte urbano recibiran de balde un exemplar da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro.

Debido á situación de crise sanitaria, a entrega do libro tivérase que adiar. Finalmente, será este xoves, 23 de xullo, cando se reparta a publicación nos autobuses do servizo de transporte urbano ata esgotar existencias.

Compartir: