DEPORTES

O campo de fútbol das Cancelas renova o seu céspede artificial

05/03/2007 En materia de Deportes, o Goberno local acordou tamén o inicio do expediente de contratación das obras de reforma do campo de fútbol das Cancelas, cun orzamento de 390.653 euros. O céspede actual, colocado hai 9 anos e lastrado con area, será subsituído por un novo, de última xeración, con lastrado mixto de area e caucho.

O campo manterá as medidas existentes, renovando o firme, a drenaxe, a rede de rega automática, o céspede e os equipamentos. Tamén se dotará a cancha de xogo cunha beirarrúa perimetral e substituirase o valado perimetral da mesma.

Compartir: