PROMOCIÓN ECONÓMICA

Adxudicadas as asistencias técnicas para a elaboración dun mapa industrial e doutro de perfís profesionais

05/03/2007 O Goberno local adxudicou dúas asistencias técnicas para elaborar un mapa industrial e a outro de perfís profesionais. A firma Gabinete de Estudios Expertas realizará o "Estudo sobre o sector industrial, os procesos de produción e o uso das TICs por parte das empresas do Polígono do Tambre: Elaboración dun Mapa Industrial", e a Fundación para la Formación Técnica en Máquina Herramienta levará a cabo o "Estudo sobre as necesidades formativas específicas por parte das empresas do Polígono do Tambre: Elaboración dun Mapa de perfís profesionais e dun Plan de Formación Adaptado para persoal do sector Industrial".

Os dous estudos están incluídos nun convenio asinado o 16 de novembro do 2006 entre a Concellaría de Promoción Económica e a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, co obxectivo de potenciar o desenvolvemento industrial de Compostela. O convenio contempla un terceiro estudo técnico para a adaptación do Plan parcial urbanístico do Polígono do Tambre ao actual PXOM.

Compartir: