ALCALDÍA

O alcalde acolle con "esperanza e ilusión" a apertura do Camiño e anima os/as peregrinos/as a retomar a ruta

01/07/2020 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo,e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, acompañaron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, nun percorrido a pé do tramo do Camiño de Santiago entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro. Alí, a comitiva foi recibida polo arcebispo da Arquidiócese de Santiago, Julián Barrio.

O rexedor compostelán cualificou de "gran día" esta data, na que "se abren oficialmente os diferentes camiños de Santiago á circulación de peregrinos de acordo a esta nova normalidade". Afirmou acoller este feito con "enorme esperanza e ilusión" e animou a facer o Camiño a aquelas persoas que o teñan previsto, sempre "respectando as normativas de seguridade". Nese sentido, indicou que "dende as Administracións públicas nos esforzaremos máximo en garantir esa seguridade, que é a base da confianza que lles pedimos".

Compartir: