DEPORTES

Revisión de tarifas en Sar e Santa Isabel para 2007

05/03/2007 A Xunta de Goberno local aprobou as novas tarifas para os servizos prestados nas instalacións do Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo de Santa Isabel. Deste xeito o abono familiar queda fixado en 36 euros mensuais, mentres que o individual pasa a 29 euros. A matrícula ten un prezo de 37 euros no caso das familias e de 33 euros para o resto.

O abono para nenos ou para a terceira idade queda fixado en 15,60 euros. Para aqueles que desexe utilizar os servizos destes dous complexos unicamente polas mañás, o custo mensual será de 20,20 euros. As entradas individuais dunha hora custarán 3,40 euros e as de duración indeterminada 6,15.

En canto a outros servizos, unha sesión de solarium fíxase en 2,35 euros. A entrada para a piscina de verán queda establecida en 3,10 euros para os adultos e 1,70 euros para rapaces de 3 a 6 anos e adultos de máis de 60. Para mozos entre 7 e 16 anos o prezo será de 2 euros.

Tamén se modifican as tarifas dos cursos de natación. Para os abonados, o curso de dous días terá un custo de 14 euros para os adultos e 10 para os nenos. Nos dun día o prezo será de 7 e 5 euros respectivamente. Neste último suposto, os non abonados pagarán 28 e 20 euros.

Compartir: