ALCALDÍA E PARQUES E XARDÍNS

Parques infantís e biosaudables e pistas deportivas ao aire libre, abertos dende este sábado

19/06/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, anunciaron a apertura, a partir das 10:00 horas de mañá sábado dos parques infantís, parques biosaudables e pistas polideportivas ao aire libre do municipio. En total son 162 instalacións ás que abrirán para recibir a pequenos/as e maiores despois de varios meses pechadas.

Sánchez Bugallo pediu que se respecten as normas de seguridade e prevención. Así, cada parque terá un letreiro co seu límite de aforo e as medidas que se deben cumprir, tales como respectar o aforo máximo permitido, o uso obrigatorio de máscaras se non se pode garantir a distancia de 1,5 metros ou a obriga de usar as instalacións coas mans debidamente hixienizadas. Os parques estarán abertos de 10:00 a 21:00 horas.

Explicou o rexedor que os parques non puideron abrirse antes pola premura e esixencia normativa da Xunta nesta materia e ante a imposibilidade de contratar un servizo de limpeza e desinfección pola vía de emerxencia, ao ter decaído o estado de alarma. Onte quedou habilitado este servizo, que xa comezou a pasada noite a realizar o seu traballo e que continuará esta mesma noite para que mañá estean todas as instalacións listas ás 10:00 horas. Este servizo, segundo indicou, suporá cun custo extra de 9.000 euros mensuais.

Compartir: