EDUCACIÓN
A Orquestra da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela está formada por 35 músicos. Forma parte dunha ampla oferta de agrupacións instrumentais e non instrumentais, nas que a EMM basea a súa oferta educativa. Ademais da citada orquestra, conta coa Orquestriña, con 17 compoñentes; a Bandiña, con 37 compoñentes; a Banda, con 45 músicos/as: o Coro de Infantil e Xuvenil, con 58 rapaces e rapazas; o Coro de Adultos/as, con máis de 55 compoñentes; a Agrupación de Música Tradicional, con 30 compoñentes; e o Combo de Música Moderna.
A Escola Municipal de Música presenta nas redes sociais a súa versión de "Libertango", de Astor Piazzolla
09/06/2020 A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela acaba de subir ás súas redes sociais unha composición que recompila as gravacións individuais que o alumnado da Orquestra da EMM foi enviando ao seu director, Fernando Rey. A peza elixida para este proxecto, "Libertango", de Astor Piazzolla, formaba parte do programa interpretativo previo á pandemia, pero seguiuse traballando sobre ela nestes meses. Este tango é unha aclamación pola liberdade musical e pola creatividade.
No marco do contexto actual do Estado de Alarma provocado pola incidencia da COVID-19, a Escola Municipal de Música adoptou todo tipo de medidas que permitiron e están permitindo o desenvolvemento da actividade docente e o normal funcionamento da Escola, co obxectivo de dar o mellor servizo posible aos usuarios e usuarias durante estes meses. A formación presencial foi substituída pola telemática mediante o uso das novas tecnoloxías e o emprego das videochamadas. Froito do traballo e do esforzo desenvolvido polo profesorado e as familias usuarias naceron varias iniciativas, entre elas o vídeo coa versión de "Libertango" que se presenta agora nas redes sociais.A Orquestra da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela está formada por 35 músicos. Forma parte dunha ampla oferta de agrupacións instrumentais e non instrumentais, nas que a EMM basea a súa oferta educativa. Ademais da citada orquestra, conta coa Orquestriña, con 17 compoñentes; a Bandiña, con 37 compoñentes; a Banda, con 45 músicos/as: o Coro de Infantil e Xuvenil, con 58 rapaces e rapazas; o Coro de Adultos/as, con máis de 55 compoñentes; a Agrupación de Música Tradicional, con 30 compoñentes; e o Combo de Música Moderna.