XUNTA DE GOBERNO
Finalmente, aprobouse o aboamento da factura das axudas das bolsas de comedor correspondentes ao período entre o 16 e o 30 de abril, por 16.155 euros.
A Xunta de Goberno Local abre o procedemento de licitación do estacionamento de Triacastela
03/06/2020 A Xunta de Goberno, nunha sesión extraordinaria celebrada este mércores, aprobou a apertura do procedemento de adxudicación das obras de acondicionamento na rúa de Triacastela para construír un estacionamento en superficie. O tipo de licitación é de 295.306 euros.
Nesta mesma xuntanza do Goberno local acordouse iniciar o procedemento para contratar a dirección facultativa das obras de remodelación da rúa de Concheiros, por un importe de 184.608 euros.Finalmente, aprobouse o aboamento da factura das axudas das bolsas de comedor correspondentes ao período entre o 16 e o 30 de abril, por 16.155 euros.