ALCALDÍA

Recepción á agrupación folclórica Colexiata do Sar

01/03/2007 Algúns dos integrantes da asociación folclórica Colexiata do Sar pasaron por Raxoi, onde foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os representantes desta histórica asociación, con máis de 26 anos de historia, expuxéronlle ao rexedor compostelán os seus proxectos.

A agrupación Colexiata do Sar naceu alá por outono de 1979. Dende entón traballa en formar e perfeccionar a sensibilidade artístico-musical dos seus membros, difundir a música e o folclore de Galicia e contribuír ó desenvolvemento cultural do barrio de Sar.

O grupo traballa na recuperación, conservación e transmisión da cultura tradicional galega reflectida na danza, na música e nos traxes populares. Todo este traballo tradúcese nos espectáculos que desenvolven os corpos de baile, música e cantareiras.

Compartir: