MEDIO RURAL
No caso das dúas pistas polideportivas multiúsos no lugar de Carregal e do parque biosaudábel no entorno da igrexa do Piñeiro no Eixo, o tipo de licitación é de 140.000 euros. Prevese a pavimentación da área de terra para obter unha pista multideporte; melloras no acceso á parcela, xerando un acceso rodado; a creación dun espazo biosaudable, colocando seis elementos: volante, xiro de cintura, sube e baixa, patíns, remo e surf; e outras obras auxiliares.
Na rúa de Santa Teresa de Jornet actuarase no tramo comprendido entre a antiga estrada N-634 e a residencia de maiores de San Marcos. Rexenerarase e reforzarase o pavimento, actuando tamén nas cunetas e nas redes de sumidoiros. O tipo de licitación é de 219.106 euros e o prazo de execución de catro meses.
A obra cun maior investimento, 447.065 euros, é a de reparación e consolidación da ponte de Vidán. Realizarase un novo taboleiro cunha anchura prevista de 5,60 metros, distribuíos entre os 3,50 metros da calzada e 1,5 metros da beirarrúa. O prazo de execución é de cinco meses.
O POS tamén recolle a execución dun parque infantil en Coto dos Olmos, obra á que se destinan 56.775 euros, cun prazo de execución de tres meses. A instalación contará, entre outros elementos, con columpio, xogo infantil de trepar e unha instalación multixogo. Ademais, acondicionarase o acceso á area de xogos e colocaranse luminarias, un banco de madeira e unha fonte de auga potable.
A quinta obra presentada este martes é a da senda peonil e de reforzo da calzada en Paredes de Laraño, cun tipo de licitación de 167.827 euros e un prazo de execución de catro meses. Darase continuidade á senda peonil existente na estrada Bugallido-A Barcia ata o Centro Sociocultural de Laraño e reforzarase o pavimento da calzada no tramo de estrada afectado.
A estas obras engádese a construción dunha senda peonil na rúa de San Martiño, xa en procedemento de contratación, cun orzamento de 406.409 euros, e a mellora e acondicionamento do Centro Sociocultural de Grixoa, xa adxudicada por 44.628 (IVE excluído). Está previsto que os traballos empecen a mediados de xuño.
Rozas
O concelleiro de Medio Rural subliñou tamén que o vindeiro xoves, 28 de maio, empezará a campaña de rozas en vías asfaltadas da zona rural. O itinerario dos traballos, consensuado con FERUSA, a Federación de Asociacións de Veciños do Rural; comezará na parroquia de Laraño, e continuará por Villestro, Figueiras, A Peregrina, Santa Cristina e San Xoán de Fecha. José Manuel Pichel tamén anunciou que na segunda semana do mes de xuño comezarán os traballos de rebacheo nas vías asfaltadas do rural.
Medio Rural abre o procedemento de adxudicación de cinco obras no rural por algo máis dun millón de euros
26/05/2020 O concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, deu conta este martes de cinco obras previstas na zona rural cuxo procedemento de adxudicación se acaba de aprobar, e ás que se destinarán 1.030.773,18 euros euros (IVE incluído). Onte, en Xunta de Goberno, deuse luz verde aos cinco expedientes, ao gasto correspondente e á apertura dos distintos procedementos de adxudicación dos traballos incluídos no POS, o Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña.
Estas intervencións son: dúas pistas polideportivas multiúsos no lugar de Carregal e o parque biosaudable na contorna da igrexa de Piñeiro no Eixo; a rexeneración e reforzo da estrutura do pavimento da calzada da rúa de Santa Teresa Jornet; a reparación e consolidación da Ponte de Vidán, a construción dun parque infantil en Coto dos Olmos e a senda peonil e reforzo da calzada en Paredes de Laraño.No caso das dúas pistas polideportivas multiúsos no lugar de Carregal e do parque biosaudábel no entorno da igrexa do Piñeiro no Eixo, o tipo de licitación é de 140.000 euros. Prevese a pavimentación da área de terra para obter unha pista multideporte; melloras no acceso á parcela, xerando un acceso rodado; a creación dun espazo biosaudable, colocando seis elementos: volante, xiro de cintura, sube e baixa, patíns, remo e surf; e outras obras auxiliares.