MEDIO AMBIENTE

O Concello premia un ano máis con estancias de turismo rural o bo uso do colector amarelo

28/02/2007 A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano presentou unha nova edición da campaña informativa para mellorar o uso do colector amarelo. E un ano máis, este esforzo terá premio, en forma de 15 estancias dun fin de semana nunha casa de turismo rural.

O sorteo das viaxes efectuarase escollendo ao chou bolsas do colector amarelo que indiquen no exterior o nome, enderezo e teléfono do cidadán que as depositou. Loxicamente, verificarase que nestas bolsas estean os refugallos adecuados, isto é, plástico, latas e briks. Os interesados deben depositar as bolsas no colector dende o 1 ao 15 de marzo 2007.

A partir dun sorteo, determinarase que colectores se revisarán cada día (un mínimo de tres) e a orde desta revisión. A inspección dos colectores sorteados realizarase entre o luns e o venres, cando menos tres días á semana, exceptuando festivos. As catro primeiras bolsas inspeccionadas o primeiro día despois da fin de semana e as tres primeiras o resto dos días, que no seu interior conteñan unicamente envases de plástico, latas e briks, serán as premiadas.

Os premios consistirán en bonos de fin de semana para dúas persoas nunha casa de turismo rural en Galicia. A estanza inclúe dúas noites de aloxamento nun cuarto duplo, o almorzo e os impostos. Poderá ser utilizado entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2007.

Documentos relacionados



Compartir: