ALCALDÍA

O Concello intensificará os mecanismos de prevención fronte ao vandalismo nocturno

27/02/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á directiva de Acotés. Os representantes desta asociación de comerciantes transmitíronlle a súa preocupación polas roturas dos vidros de cinco escaparates acontecidas nas últimas semanas.

Sánchez Bugallo entendeu a súa preocupación, pero indicoulles que estes feitos en ningún caso son alarmantes, nin teñen que ver co aumento da delincuencia na cidade. Ben ao contrario, os índices da mesma seguen a baixar, segundo se desprenden dos datos que se presentarán o venres 2 de marzo na Xunta Local de Seguridade.

O alcalde, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Xosé Baqueiro, achacou estes actos vandálicos a comportamentos incívicos, xa que en ningún caso se produciron roubos. En calquera caso, comunicoulles que o Concello dará prioridade á vixilancia deste tipo de feitos, para evitalos no posible e identificar aos seus autores.

Compartir: