ALCALDÍA

Recepción á asociación cultural Alfaia

27/02/2007 Na Casa do Concello, o alcalde compostelán recibiu aos representantes da asociación sociocultural Alfaia. Estes transmitíronlle a Xosé A. Sánchez Bugallo as súas inquedanzas e informárono sobre os seus proxectos educativos e culturais.

Esta asociación social e cultural desenvolve un proxecto de educación e promoción musical no barrio de Fontiñas, aínda que as súas actividades está dirixidas a cidadáns de todo o Concello. Durante todo o curso escolar organiza actividades na súa Escola de Música, que dá formación musical a rapaces e rapazas dende os tres anos.

Compartir: