EDUCACIÓN

Concerto da Escola Municipal da Música na Aula Hospitalaria do CHUS

02/03/2020 Este xoves 5 de marzo celebrarase o primeiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste curso no marco de colaboración entre o Departamento de Educación e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico. A sesión será ás 18:00 horas e nela participarán alumnos e alumnas da especialidade de trombón xunto co seu profesor, Víctor Collazo.

A formación da EMM interpretará o seguinte programa: "Chariots of fire", de Vangelis; "Theme from Jurassic Park", de Johnn Williams; "Forrest Gump", de Alan Silvestri; "Back to the future", de Alan Silvestri; "Raiders March", de John Williams; "Amazing Grace", de S. J. Wallace; e "Trombumba", de G. W. Lotznhiser.
Os seguintes concertos están previstos para o 24 de marzo, o 23 de abril e o 28 de maio.

Compartir: