PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago adhírese á Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local

26/02/2007 A Xunta de Goberno aprobou a adhesión do Concello de Santiago como socio fundador á Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL). Está previsto que Compostela acolla, na primeira quincena de xullo, a primeira reunión de REDEL. A Rede nacerá o 1 de marzo, logo do acordado nunha reunión celebrada o 31 de xaneiro en Bilbao, á que asistíu o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, en representación do Concello de Santiago. No encontro concretaránse as accións contempladas no Plan de Actuación 2007

REDEL é unha entidade supramunicipal. Ademáis do Concello de Santiago, está integrada polas seguintes entidades de desenvolvemento local: Barcelona Activa, MFOF-Mallorca, Getafe Iniciativas, Agencia Local de Promoción Económica y Empleo de Gijón, Sevilla Global, IMEFEZ-Zaragoza, Sociedad de Desarrollo de Santa Cruz de Tenerife e Garapen. A presidencia será exercida por a entidade vasca Garapén, a vicepresidencia por Barcelona Activa e a secretaría e teourería pola Agencia Local de Promoción Económica y Empleo de Gijón.

Os obxectivos de REDEL son reflexionar sobre aspectos clave no desenvolvemento local como políticas económicas e industriais, competitividade, innovación, coñecemento, políticas activas de emprego, inserción laboral, etc., para construír un modelo desde unha identidade común. REDEL tamén se configura como un instrumento para actuar conxuntamente ante entidades públicas e privadas coa finalidade de impulsar o desenvolvemento local e comarcal; deseñar, desenvolver e executar proxectos; e intercambiar experiencias e coñecementos para innovar e incrementar a eficacia das entidades locais.

Plan de actuación

O Plan de Actuación 2007, aprobado o 31 de xaneiro en Bilbao, contempla tres liñas de acción: reflexión sobre áreas clave de actuación, comunicación externa e desenvolvemento de proxectos e acceso a financiación. A estas liñas de traballo engádese a de labores de xestión interna.

O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Promoción Económica, participará en duas das catro liñas de traballo que se desenvolverán na acción número tres do Plan de Actuación 2007 de REDEL, que contempla o deseño e presentación de proxectos de interese conxunto para os integrantes da Rede de Entidades Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local. As áreas de actuación nas que participará Compostela son a de Promoción Económica e a de Emprendemento.

Compartir: