EDUCACIÓN

Solicitude de praza nas escolas infantís municipais para o curso 2022/23

25/02/2022 A Xunta de Goberno Local do 14 de febreiro do 2022 aprobou o calendario de prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Salgueiriños-Meixonfrío.

Os impresos e a documentación de solicitude de praza deben presentarse entre o 16 de marzo e o 16 de abril de 2022. As solicitudes poderán descargarse na sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela a partir do día 16 de marzo ("Solicitude de ingreso en escolas infantís municipais". Modelo ED005). Tamén, poderán solicitarse por correo electrónico a calquera das tres escolas infantís ou recollerse nas propias escolas infantís.

Cómpre lembrar que, xunto co impreso de solicitude, os/as representantes legais do neno/a deben achegar a documentación que se detalla na mesma.

Os impresos de solicitude e a documentación poden presentarse por rexistro, de forma telemática, premendo neste enlace e escollendo o trámite que corresponda .

Tamén poden entregarse de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa do Presidente Salvador Allende 4, Galeras) de 9:00 a 13:00 horas, sen cita previa, solicitando número ou quenda na máquina dispensadora de citas.

Aquelas persoas que solicitasen prazas para este curso e figuren en situación de agarda deben facer de novo a solicitude de admisión.

Para consultas:

- E.I.M DE CONXO: 981528702 - eimdeconxo@yahoo.com

- E.I.M DAS FONTIÑAS: 981528703 - eimdasfontinas@yahoo.com

- E.I.M DE MEIXONFRIO SALGUEIRIÑOS: 981528707 - eimdemeixonfrio@yahoo.com

Compartir: